Ardoras nunha xornada de ciencia e divulgación no Couto, mañá

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CIENCIA

Mar de ardora fotografiado en la playa de Estorde, Cee
Mar de ardora fotografiado en la playa de Estorde, Cee ANA GARCÍA

A sede da Fundación acolle o encontro anual de Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica

03 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • A sede da Fundación Eduardo Pondal, no Couto, Ponteceso, acollerá mañá o encontro anual de divulgación da man da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica. A velada, non obstante, comezará cunha visita guiada ao dolmen de Dombate e cunha observación ornitolóxica no esteiro do Anllóns, de 11.30 a 13.00 horas. Entre a unha e as dúas da tarde, antes da comida conxunta, Laura López Pazo moderará unha mesa redonda: A comunicación científica nos centros de investigación galegos. A entidade terá a súa asemblea ás 16.00 e para as 16.45 quedará unha sesión de experiencias compartidas.

No que xa respecta á partir pública do encontro, ás 17.15 está previsto a proxección do documental Salvaxe, salvaxe, con coloquio co seu director, Emilio Fonseca, e ás 19.15 a charla As ardoras da Costa da Morte vistas por unha fotoxornalista e un investigador, con Ana García e Francisco Rodríguez.