
Hoxe celebraranse numerosos actos para todos os gustos
18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os actos en celebración das Letras Galegas continuaron onte na Coruña coa actuación do dúo Cro-Cró na praza de Azcárraga. Seguiu na praza do Humor coa presentación da feira das linguas, de Lydia Botana. Os xardíns de Méndez Núñez alegraron o seu rostro co despregamento das asociacións culturais Son D’aquí e Xacarandaina. Volveu a festa á praza do Humor cos contos a pé de rúa de Caxoto, e despois moveuse a xolda a San Andrés co dúo Vaguidades. A clausura da xornada, no Campo da Leña coas actuacións de Zabala con Atalaias de Caión, Ulex e Ortiga.
Un domingo prometedor
Hoxe continuará a apertada axenda de reivindicación cultural e lingüística. Na praza de Azcárraga, ás 12.00 horas, actuarán Cris Regueiro e Unto Vello. E á mesma hora, no Campo de Leña, Breo e Carabela. Tamén ao mediodía, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza no Teatro Rosalía o seu acto de celebración da lingua cun obradoiro dirixido por Marta Pumares. Pouco despois, as 12.15 no Teatro Colón, tocará a Banda Municipal con Pedro Lamas e Lilaina. Ás 12.30, na praza do Humor, as novas melodías de Pablo Díaz. Ás 13.00 será o pasarúas entre José Sellier e a Cormelana. Ás 17.30, nos xardíns de Méndez Núñez, actuarán Cantigas da Terra e a asociación cultural Donaire. Logo, as 18.00, en San Andrés, será a Gala so 70.º aniversario da asociación folclórica Aturuxo e ás pandereteiras de Mens. E o peche, as 19.00, no Campo da Leña, actuarán Belém Tajes e Eris Mackenzie.