O CGAI centra en Naomi Kawase, Raoul Walsh e David Lynch a súa programación de marzo

La Voz

CULTURA

04 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O CGAI dedicará a súa programación de marzo a directores como Naomi Kawase, Raoul Walsh ou David Lynch na sala de proxeccións na rúa Durán Loriga da Coruña.

De Walsh poderán verse películas como Gentleman Jim (sábado 8, 20.30), O fidalgo dos mares (martes 11, 20.30), Xuntos hasta a morte (xoves 27, 20.00) Obxectivo Birmania (martes 18, 20.30) e Sen conciencia (mércores 26, 20.30).

Da directora xaponesa Naomi Kawase proxectarase os seguintes filmes: O bosque do luto (mércores 12, 20.30, e venres 14, 20.30); O xeado de papá , Nos seus brazos e Ceo, vento, lume, auga e terra (xoves 13, 20.30); Unha pequena grandeza , O pan da deusa , Como a felicidade e Lúa branca (luns 17, 18.00); Suzaku (luns 17, 20.30); Historia de xente de montaña , Fíxome naquilo que me interesa , A concreción das cousas coas que intento relacionarme de múltiples maneiras , O meu s-d-v e Agora (martes 18, 18.00); Shara (luns 24, 20.30); Hotaru (martes 25, 20.00); A miña familia, unha soa persoa , Caracol , Viches o ceo? e Nacemento/nai (luns 31, 20.30).

A filmografía de David Lynch repasarase a través de películas como Inland Empire (xoves 27, 20.00; sábado 29, 20.00); Six Figures Getting Sick , The Alphabet , The Grandmother , The Amputee , The Cowboy and the Frenchman e Premonition Following an Evil Deed (venres 28, 20.30); Mulholland Drive (venres 28, 23.00); Lynch (Blackandwhite, 2007), o sábado día 29 ás 18.00 horas.

Poéticas de cine

O CGAI tamén ofrecerá ciclos como o denominado After hours, dentro do cal ofrecerá títulos como Franz Ferdinand: Rock It to Rio, de Don Letts (luns día 24, 20.30), e Global Metal, de Sam Dunn e Scott McFadyen (sábado 15, 18.00); ou o ciclo Poéticas de cine, no cal se inclúen traballos como Operation Filmmaker, de Nina Davenport (venres 6, 20.30).

A programación completa do Centro Galego de Artes da Imaxe pódese consultar na web www.cgai.org ou no teléfono 981?203?499. O prezo da entrada é de 1,20 euros (0,60 co carné xove), aínda que tamén existe a posibilidade de comprar un abono para 10 sesións por 9 euros. A venda de entradas comezará 30 minutos antes das sesións.