Arxentina é os seus creadores, a concepción independente do videoclip e a creación dos anos dourados en Estados Unidos son tres das aportas que ofrece para o mes de febreiro a programación do Centro Galego da Arte e a Imaxe (CGAI).
O tándem arxentino formado polo cineasta Juan Villegas e a guionista Celine Murga centra un dos ciclos. Do primeiro, proxéctase hoxe o título Los suicidas, unha cinta, rodada no 2005, adaptación da novela homónima de Antonio di Benedetto e considerada a peza que constata o talento de Villegas. Los suicidas conta a historia dun xornalista obsesionado co suicido tras perder deste xeito ao pai cando era cativo. Daniel Hendler, Leonora Balcarce e Camila Toker son os protagonistas do filme.
Neste ciclo dedicado a Villegas e Murga, tras Los suicidas proxectarase o próximo mércores 10 e o xoves 11 Una semana solos (2008), dirixida por Celine Murga e con guión firmado polo tándem arxentino.
Neste mes o CGAI comeza un espazo dedicado ao creador estadounidense nado en Cabul Jem Cohem, responsable dun cine independente underground e gran observador da contorna urbana. A súa forma de percibir o seu redor levoulle a centrarse na produción de videoclips e pezas artísticas para REM, Sonic Youth, Fugazi e Patti Smith.
Neste ciclo, que arranca o vindeiro mércores 17 abórdase a súa obra clasificada por temas: Os paisaxes políticos , Imperios , En tempo e son e Nova York. O propio Jem Cohen achegarase o xoves 18 á Coruña para impartir unha master class na sede coruñesa da Fundación Caixa Galicia.
O polifacético Samuel Fuller é o homenaxeado cun ciclo do CGAI. O responsable de Balas vengadoras, sobre o asasinato de Jesse James, e de El diablo de las aguas turbias centrou a súa carreira en temas atípicos e ás veces polémicos, como poderá verse na selección de filmes que se presentan. Entre eles estas: El diablo de las aguas turbias (o venres 5 e sábado 6), Underwold USA (días 8 e 9) e Balas vengadoras (12 e 13), entre outros títulos. Noutro concepto de cine o CGAI prosegue o coa cuarta entrega do ciclo New Hollywood, Novos Thrillers que percorre a concepción das cintas do suspense dende mediados dos sesenta. Neste programa poderán verse filmes firmados por creadores como Arthur Penn, William Friedkin, Sidney Lumet, e Alan J. Pakula.
Este mes tamén se inclúe unha película dirixida aos mais novos para que comecen a coñecer os clásicos do cine. É o título Tiempos moderno s, de Charles Chaplin que contará coa narración dos rótulos en directo.