02 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.
Ében sabido que a morte peta ata tres veces na nosa porta. A primeira, cando vén levarse a vida física. A segunda, cando morre tamén a derradeira persoa que nos coñeceu e garda lembranza directa de nós. E, por último, a terceira, cando desaparece toda pegada do noso paso por este mundo. Contra as dúas primeiras a loita rematará en derrota segura, pero á terceira hai quen consegue dobregala. Son os casos de Francisco Fernández del Riego, de Marcos Valcárcel e de Ana Kiro, e de outros galegos sobranceiros que nos deixaron no 2010. Eles pervivirán mentres sigan a falar as súas obras.