Galaxia acepta a dimisión de Francisco Castro como director xeral da editorial
CULTURA

O consello de administración, tras unha reunión de case catro horas, agradécelle «os servizos prestados ao longo destes últimos anos»
22 sep 2023 . Actualizado a las 21:42 h.«En xuntanza celebrada o día 22 de setembro de 2023, o consello de administración da Editorial Galaxia aceptou a dimisión como director xeral de don Francisco Castro Veloso e agradécelle os servizos prestados ao longo destes últimos anos». Con este breve comunicado resolveu a empresa viguesa o cese do seu director editorial tras unha reunión de case catro horas na tarde deste venres. Remataba así a polémica iniciada o 8 de agosto cunha entrevista ao escritor Alberto Ramos publicada na web Praza Pública e na que o autor, gañador do premio Repsol de narrativa por la súa obra Os corpos dos Romanov, criticaba duramente a xestión de Francisco Castro ao fronte da histórica editorial ao fío dun desencontro relativo a publicación desta novela. A resposta nas redes sociais de Castro e o ruidoso eco viral que a polémica desatou levou ao propio Castro a presentar a dimisión do seu cargo o pasado luns por entender que a directiva de Galaxia non o respaldara fronte a estes ataques.