Saramago e Torrente Ballester

CULTURA

15 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Oescritor portugués José Saramago e o galego Gonzalo Torrente Ballester mantiveron unha relación de profunda amizade e de mutua admiración literaria que os uniu toda a vida. Saramago foi galardoado co Premio Nobel de Literatura no ano 1998, ocasión na que a Academia Sueca destacou a capacidade da súa escritura para «volver comprensible unha realidade fuxidía, con parábolas sostidas pola imaxinación, a compaixón e a ironía».

Gonzalo Torrente Ballester, considerado o mellor escritor galego de todos os tempos —xunto con Rosalía de Castro, Ramón María del Valle-Inclán, Camilo José Cela e Álvaro Cunqueiro—, quizais non tivo un recoñecemento público comparable, aínda que os críticos literarios máis prestixiosos nunca deixaron de valoralo.

Saramago foi sempre contundente no recoñecemento do escritor galego e así o manifestou cando dixo que «o lugar á dereita de Miguel de Cervantes Saavedra, autor do Quixote, vacante durante séculos, foi ocupado por Gonzalo Torrente Ballester, autor de obras tan relevantes como Los gozos y las sombras, Don Juan e La saga / fuga de JB. Terán que pasar moitos e moitos anos antes de que se volva a escribir un libro coma este». Por outra banda, o propio Torrente Ballester era ben consciente de ser o escritor galego que máis páxinas lle dedicara a Galicia.

Expertos literarios moi solventes e reputados fixeron unhas valoracións incuestionables sobre a súa produción narrativa. Tal foi o caso dalgúns dos críticos merecentes da maior das consideracións, como son Ángel Basanta, José Antonio Ponte Far, Carmen Becerra e Darío Villanueva, entre outros.

O gran escritor portugués José Saramago morreu en Tías (Lanzarote) o 18 de xuño de 1922, ós 87 anos de idade.

Gonzalo Torrente Ballester tivo, ó cabo, moitas distincións artísticas, entre as que figuran o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa. Pero a gran iniquidade foi que non recibiu o Nobel que tan xustamente se tiña gañado.