Baiuca será o artista que se encargue da música dos Premios Mestre Mateo 2025
CULTURA

O músico interpretará na gala do 15 de marzo varios temas do seu último traballo
13 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O artista e produtor catoirense Baiuca será o encargado de poñer banda sonora á noite na que se coñecerán gañadores dos Premios Mestre Mateo. A música será un dos principais ingredientes da gala do día 15 en Lalín, que será presentada pola actriz Teté Delgado e dirixida pola coreógrafa Marta Alonso.
Baiuca interpretará varios temas do seu último traballo que está presentando por escenarios de todo o mundo e converterá a noite do audiovisual galego nunha gran foliada moderna. Co baile e a música tradicional como aliados, Baiuca é un dos artistas máis vangardistas, impredecibles e inabarcables dos últimos anos. O tamén produtor é coñecido por reivindicar o folclore e construír novas identidades sonoras.
No seu último traballo, Barullo, Baiuca achégase á pista de baile sen desprenderse da conexión coa música tradicional galega con máis licencias electrónicas que nunca. Neste exercicio mestura xéneros como o breakbeat, o deep house, o UK Garage ou o trance.