250 pequenos participaron no torneo de balonmán no pavillón de Viveiro

La Voz

DEPORTES

CEDIDA

Competiron equipos de Galicia e Asturias

30 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O pasado domingo pechábase no pavillón Municipal de Viveiro a sétima edición do Viveiro de Balonmán, un torneo que arrincou o venres e que este ano volveu reunir a uns 250 nenos e nenas pertencentes a 19 conxuntos chegados de Galicia e Asturias. Os campións foron o Santo Ángel Bosco A, en infantís; o Balonmán Lalín, en alevíns mixtos; e o OAR Coruña, en benxamíns mixtos. Viveiro estivo representado polo Galipizza Viveiro. Na imaxe de Diego Alonso, unha espléndida foto de grupo, na que aparecen todos os participantes neste torneo. Na entrega de premios participou o concelleiro viveirense de Deportes, Emilio Villarmeá.