17 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.
O deportista lalinense Ricardo Vázquez proclamouse campión de España de media maratón M4 por equipos co ADAS do Barco. Fíxoo esta fin de semana en Santander, na cita estatal que congregou aos mellores atletas desta modalidade.
Un novo éxito para Ricardo Vázquez, que está facendo unha temporada sensacional. En primeiro lugar, fai menos de un mes gañaba na categoría M-45 a media maratón Coruña 10k. Tamén na Coruña, Richi foi quen de proclamarse campión galego de maratón na Coruña42 en outubro. O dezá detivo o crono en dúas horas e 32 minutos, superando o obxectivo inicial, a súa sorpresa foi maior ao verse no máis alto do podio aos seus 48 anos.