Esteban Folgar presenta hoxe no Mome a súa novela xuvenil «Meigas»

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

26 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A sala Mome da Estrada acollerá hoxe xoves, ás 20.00 horas, a presentación do libro Meigas, do escritor estradense Esteban Folgar.

A obra, editada por Galaxia dentro da colección Costa Oeste, conta unha historia de meigas modernas. Nin rouban nenos nin invocan diaños. Nin sequera botan o mal de ollo. Son meigas que viven entre a xente do común sen espertar sospeitas, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o precisa.

Na presentación, acompañando ao autor, estarán o profesor e guionista Víctor Sierra, o locutor, monologuista e presentador Pablo Chichas e o director de Produción da Editorial Galaxia, Xesús Domingo Dono.