Lionel Rexes Martínez recibiu ayer en Gres o Premio Neira Vilas de Novela Curta

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

04 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte entregouse na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres, no oncello de Vila de Cruces, o Premio de Novela Curta que leva o nome do autor de Memorias dun neno labrego a Lionel Rexes Martínez que o acadou coa sua obra Nove lúas. O acto coincidiu coa conmemoración do Día da Lectura polo que arrincou coa lectura continuada de textos poéticos de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. O xurado destacou da obra unha estructura narrativa armada ao redor das relacións dos personaxes e de como deben enfrontar as opcións vitais e laborais en contextos de grande dificultade.

Por outra banda, a Xunta e a Editorial Galaxia celebran o 95 aniversario do nacemento de Xosñe Neira Vilas na súa véspera coa reediciójn de Historia de emigrantes e Galegos no Golfo de México. A presentación tivo lugar o pasado xoves nun acto que contou, entre outros, co secretario de Política Lingüística, Valentín García.