Un milleiro de nenos espallan o galego na Estrada

La Voz

DEZA

O Correlingua reivindicou o uso da lingua propia nas rúas estradenses

29 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Correlingua pechouse este ano na Estrada cunha concorrida festa da lingua na que participaron máis dun milleiro de alumnos e profesores de todos os colexios e institutos públicos da vila. A rapazada percorreu as rúas reivindicando o seu idioma e ateigou a Praza do Concello para escoitar o manifesto de Leti da Taberna, bailar os temas de Gramola Gominola e soltar os globos para espallar a súa mensaxe a prol do galego. Os organizadores reivindican apoio firme das administracións para acadar a normalización da lingua, que significa ir máis aló das políticas de dinamización. foto miguel souto