Un calendario do Entroido do Ulla que arrinca o 8 de febreiro en Couso coa presentación dos actos festivos
DEZA
Co Entroido ás portas, o calendario de actos festivos arrinca o 8 de febreiro na parroquia estradense de Couso, onde o día 8, a partir das 12.00 horas, terá lugar na casa escola a presentación do Entroido tradicional dos Xerais do Ulla nos oito concellos. O día 22, a partir das 17.30 horas terán lugar na parroquia de Lamela en Silleda os Altos ou atranques dos Xenerais da Ulla no campo da festa. O día 23, o campo da festa de Merza, en Vila de Cruces será escenario dos atranques dos Xenerais da Ulla a partir das 17.30 horas. O 1 de marzo, sábado de Entroido, a partir das 18.00 horas, na praza de Juan Salgueiro de A Bandeira terán lugar os altos dos Xenerais da Ulla.
O 2 de marzo, domingo de Entroido, os Xerais tomarán o campo da festa da parroquia de Couso, na Estrada, ás 19.00 horas. O día 18.30 horas, na Estrada, terá lugar a partir das 18.30 horas o tradicional desfile municipal de carrozas, comparsas e disfraces con alto dos Xenerais da Ulla na Praza da Feira.
O 15 de febreiro os altos terán lugar en Lucí, en Teo e o 16 dese mes en Rarís (Teo). O 22 sairán tamén en Vilanova, en Vedra. en Marrozos (Santiago) e en Reis (Teo). O 23 serán en Bama (Touro), en Angrois (Santiago) e en Reis (Teo). O 28 en Fonte Díaz (Touro) e o 1 de marzo en Aríns, Cacheiras e Santa María de Teo. O 2 de marzo en O Eixo (Santiago), en Cacheiras e en Sergude. O día 4 de marzo en Fao (Touro). O 8 de marzo, sábado de piñata, sairán en San Xián de Sales (Vedra) , en Lestedo (Santiago) en Trobe (Vedra) e o 15 de marzo rematan en Conxo cun desfile e os altos.