A Deputación activa o contrato da plataforma turística nova para a zona

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación acaba de dar luz verde á contratación do servizo de implantación e mantemento da plataforma turística Smartguide para as comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes. O goberno provincial destina a esta adxudicación unha partida de preto de 200.000 euros. O presidente da institución pontevedresa, Luis López, incidía onte en que este proxecto permite avanzar para converter «o noso territorio nun destino intelixente e para ofrecer ás persoas visitantes novas propostas para realizar na provincia de Pontevedra».

Esa plataforma se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza Tabeirós-Terra de Montes, bautizado Os camiños por dentro, que conta con financiamento dos fondos Next Generation da Unión Europea. A actuación permitirá dotar de recursos, información e contidos, así como poñer en valor os camiños de Santiago polas dúas comarcas, en concreto o da Geira e dos Arrieiros e o Miñoto Ribeiro.

López apuntou que trátase dunha ferramenta para facilitar a planificación da viaxe, creando instrumentos para favorecer a desestacionalización da demanda, na procura de ampliar a estancia media dos visitantes e mellorar a experiencia con propostas vinculadas aos itinerarios xacobeos. Insistiu en dar pasos para a dixitalización da provincia a adaptarse así ás esixencias dos turistas do século XXI.