A Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas ofrecerá nove pezas os días 25 e 26

Rocío García Martínez
rocío garcía A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

miguel souto

Será no teatro Principal, con entrada libre e gratuita

20 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación Cultural Vagalumes, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca Caldas e conforme ao seu compromiso coa continuidade do labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural do mestre estradense, vén de presentar o cartel da que será xa a oitava edición da Mostra de Teatro Escolar que leva o nome do homenaxeado.

A Mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas desenvolverase a próxima semana, concretamente o martes 25 e o mércores 26 pola tarde. A cita será os dous días a partires das 18.30 horas no teatro Principal da Estrada.

O martes 25 actuarán o CEIP do Foxo coa obra Os que non ven, o CEIP Cabada Váquez de Codeseda coa peza O lobo en calzóns e o IES Avelina Valladares con Selfie. O CEIP de Figueiroa poñerá en escena Parto da terra e o IES Manuel García Barros, A Pousada.

O mércores 26 de novembro terá lugar a segunda parte da mostra, de novo ás 18.30 horas. Actuarán o CEIP de Oca (O segredo do xabarín), o CEIP Pérez Viondi (Punto laranxa), o CEIP Villar Paramá de Vea (A alcaldesa do RIS) e o IES Antón Losada Diéguez (Voces dende o entullo).

A entrada é libre e gratuíta. A asociación que organiza a mostra convida a asistir a toda a veciñanza da comarca «para gozar do teatro e apreciar o talento da rapazada e do profesorado que os dinamiza e se implica nesta tarefa tan importante para o seu desenvolvemento persoal e emocional».