A Estrada reivindica o legado de García Barros coa reedición de dúas obras súas

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

cedida

16 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A Casa das Letras acolleu este xoves o acto de presentación da reedición por parte da editorial Galaxia dos libros de Manuel García Barros Dos meus recordos e Enredos.

 A reedición destas dúas obras constitúe a culminación do proceso de reedición e edición da obra inédita do autor emprendido por Galaxia en 2019. Nesta labor editorial colaboraron activamente o Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. No acto interviñeron o biógrafo e editor Carlos Loureiro, o editor Suso Domínguez e o secretario de Política Lingüística, Valentín García.