Posta en escena en Cerdedo-Cotobade de «Pronóstico reservado»

CERDEDO

CONCELLO DE CERDEDO-COTOBADE

29 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio municipal de Cerdedo acollerá esta tarde, a partires das 20 horas, a representación de Pronóstico reservado a cargo de Moura Teatro, un colectivo xestionado desde a Asociación Cultural Cuna da Moura, de Combarro (Poio) que existe desde fai case unha década. Previamente, a Banda de Gaitas Foula ofrecerá un pequeno concerto aos asistentes.