25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
O grupo municipal socialista de Cerdedo-Cotobade criticou onte a crecente presión fiscal para os veciños tras comprobar que están a recibir nas súas casas cartas de comprobación limitada pola taxa de saneamento do 2024. A maiores a veciñanza terá que asumir tamén os importes do 2025. Afirman que a nova taxa súmase aos incrementos dos últimos anos, duplicándose a do lixo en dous exercicios, xunto a contribución urbana ou o taxa de vehículos.