Non haberá fogos por respecto aos que sofren polos ruídos
11 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Haberá probablemente a quen non lle pareza unha festa como ditan os canons máis tradicionais, pero Lalín de Arriba celebrará os seus festexos na honra ao venerado San Antonio sen fogos nen bombas. A decisión foi tomada polos parroquianos por respecto ás persoas, pero tamén aos animais, que tanto sofren polos ruídos que xeran eses estrondos que xeralmente están asociados a eventos festeiros. Así pensando nas persas afectadas por TEA (Trastorno de Espectro Autista), fonofobia, hiperacusia, traumas ou ansiedades, e nos animais que padecen os molestos petardazos, as festas de Lalín de Arriba serán «inclusivas, tranquilas e abertas a celebrar a vida, o encontro pero sen causar dano», apuntan os organizadores.
Festexos nos que non faltará a música, a troula e unha cea de confraternidade que abrirá os actos do programa este venres, ás 21.30 horas. Posteriormente a verbena, para a que se recuperan as instalacións da antiga discoteca Milenium, contará coa actuación de Pachi Show e o Dj Cacharelo. O domingo haberá misa cantada ás 13 horas na honra a San Antonio e procesión, e recuperarase tamén a tradicional poxa da carne que se facía anteriormente. A Banda de Lalín ofrecerá concerto e sesión vermú.