
A exposición da pintora estará no Casino ata o 24 de setembro
20 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Dende o pasado venres e ata o próximo 24 de setembro a cafetería do Círculo de Recreo Casino de Lalín acollerá a exposición La danza cromática de las Durmientes Eternas, da artista lalinense Olalla Garra. A exposición está composta por case medio centenar de coloristas obras e coa figura feminina como protagonista, que estarán á venda.
A pintora, que comezou creando en dixital, atopouse co rotulador por casualidade, e dende que probou a pintar con este utensilio sobre o papel, namorouse da técnica e dende entón realiza así as súas representacións. Aínda que ten ganas de volver ao dixital, afirma que por agora seguirá con este tipo de pintura. Ademáis, outra das principais características das súas creacións é que as protagonistas son sempre figuras femininas, tanto nenas como mulleres adultas.
«Son durmientes eternas porque viven en un mundo de sueños en el que son libres y pueden ser quienes quieran», así explica Olalla Garra o concepto desta exposición, composta por cadros de mulleres cos ollos pechados. Como explica a debuxante, o concepto da danza fai referencia a que, aparentemente, estas mulleres están quedas, pero en realidade, por dentro estanse a mover. No título inclúese o aspecto cromático, xa que as cores teñen unha función importante na simboloxía das pezas, «danza cromática se refiere al uso de los colores como lenguaje emocional», apunta a autora.
Esta idea non nace para esta exposición en concreto, senón que, comenta Olalla Garra, no 2023 comezou a debuxar a estas mulleres, continuando durante o pasado ano. Foi neste ano cando se centrou na exposición, e realizou algunhas pezas máis, por exemplo as de maior tamaño. Pódense atopar obras de diferentes medidas, que supoñen un longo traballo, tal e como afirma a pintora: «Una de las grandes puede llevarme todo el día, 24 horas por cuadro».
Distintos formatos
Estas pezas estarán agora abertas ó publico e poderanse mercar no bar Casino de Lalín. A pesar de que Olalla Garra nunca quixo vender as súas creacións, agora móstrase entusiasmada e desexa que todas aquelas persoas interesadas poidan ter unha
«durmiente eterna»
nas súas casas. Anima tamén a visitar a exposición, sinalando que o seu obxectivo principal é transmitir tranquilidade e unha sensación de relax nos espectadores
, «mi idea es que entres y te adentres en el sueño en el que están ellas».
Máis alá da pintura, a artista practica outras actividades creativas como a costura e a fabricación de accesorios, aínda que agora mesmo o que máis ocupa o seu tempo son os cadros. Ademais, Olalla Garra está traballando noutros proxectos creativos como por exemplo na ilustración dun libro para cativos, así como noutras iniciativas das que aínda non se coñecen detalles, pero coas que nos sorprenderá proximamente.