O domingo 3 de agosto e o luns 4 celébranse as festas de Vilanova

La Voz

LALÍN

01 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Vilanova (Lalín) celebra este domingo 3 de agosto e o día 4 as súas festas. O domingo comezará ás 13.00 horas coa misa solemne e sesión vermú ao ritmo da charanga Leña Verde, que actuará tamén na verbena da noite. O lúns haberá de novo misa ás 13.00 horas e sesión vermú amenizada polo dúo Pachi Show, que volverá pola noite. Rógase colaboración coa comisión de festas.