«O BNG díxolle aos nosos que estaba solucionado minutos antes do pleno»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

Miguel souto

Di que co 14 % dos votos non se pode poñer en xaque a gobernabilidade

21 jul 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Despois de asinar a súa dimisión como alcalde de Silleda, e renunciar a súa acta de concelleiro, Manuel Cuíña intentou desconectar na xornada de onte «facendo algo de leña, pero non me foi posible polo volume de chamadas e mensaxes», comentou nunha entrevista en Radio Voz, na que avaliou o sucedido na sesión pleno e o futuro no municipio.

—Coa distancia que dan as horas, volvería dimitir?

—Actuaría como o fixen se as outras partes se mantiveran igual. Sei que para esta xente eu son un problema para gobernar. Non sei o motivo, pero aquí o importante e o pobo e o Concello que levaba tres semanas practicamente paralizado e non podía seguir así. Espero, desexo e pido que a persoa que leve as rendas do Concello, que ten que ser, non cabe dúbida unha concelleira —muller, case seguro— do PSOE, que non lle fagan o mesmo e lle axuden a sacar cara adiante o Concello.

—Podía gardar a acta de concelleiro e optou por non facelo.

—Pedíronmo os compañeiros, a agrupación,... mesmo cando estaba asinando a dimisión, pero se a miña persoa é un problema para un goberno estable sería tamén un problema como concelleiro.

—Ábrese un novo escenario con pleno o vindeiro día 27, e posteriormente sesión plenaria para alcalde ou alcaldesa. Será un camiño máis fácil?

—Desexo que así sexa, senón isto tomará outro cariz e o pobo terá que dicir algo se se seguen poñendo trabas para a gobernabilidade de Silleda, e eu como un cidadán máis a partir do día 27 tomarei cartas en defensa desa gobernabilidade. Non se pode permitir que unha organización co 14 % dos votos poña en xaque a gobernabilidade dun pobo, nin a nosa —se fose o caso— co 46 % dos sufraxios. Se a situación non se reverte haberá que actuar, e o PP tamén terá algo que dicir máis que botar bombas como fixo onte. Aquí pódense perder moitas cousas.

—A situación pode xerar malestar entre a veciñanza despois de que se escoitaran insultos no pleno e moitos comentarios nas redes sociais?

—Debate ten que haber. É certo que moitas voces me propuxeron facer medidas de presión, e dixen que non é o momento, só pode haber debate na rúa e só pido que funcione a gobernabilidade.

—Elevaron todo este asunto a instancias superiores dos partidos, tanto no PSOE como no BNG?

—Claro. Isto non é unha cuestión só entre o BNG e o PSOE de Silleda. É unha rotura clara de acordos que había en Santiago entre ambas forzas. É unha rotura de pactos entre PSOE e BNG, isto dito polos dirixentes a nivel galego. É máis, dez minutos antes do pleno, dirixentes do BNG dixéronlle aos nosos que estaba solucionado nos termos que se levaban á sesión. Seguiremos pedindo explicacións. Non se poden ter pactos e cumprilos logo según interese.

—A escasos días para que votemos, isto pode influír na decisión da veciñanza?

—Non creo que o condicione, aínda que os silledenses que fagan unha análise da situación e pensaban votar ao BNG ao mellor o domingo non o fan despois do ocorrido. Hai que ser intelixentes e votar o que corresponda.

—A quen proporá o PSOE á alcaldía na súa sustitución?

—Non me corresponde a min dicilo. A proposta de alcaldable terá que partir dos seis concelleiros do PSOE. Certo é que todos pensamos e sabemos o nome, pero non o dicimos.

—Vería viable un pacto de gobernabilidade entre o PP e o BNG?

—Todo é posible, pero entón eu como un dos 9.012 veciños deste municipio animaría ao pobo a saír á rúa xa que sería totalmente en contra do que votaron os silledenses o pasado 28 de maio.

—Comentaba que foi unha xornada de chamadas e mensaxes.

—Moi agradecido, a verdade por todas elas. Desde conselleiros, alcaldes do PP, cargos do meu partido e veciños de ideas políticas diferentes quixeron transmitirme ánimo. Síntome moi alagado.

Mónica González ejerce ya como alcaldesa en funciones y parece la futura candidata

Desde la renuncia de Manuel Cuíña, aunque no se hará efectiva hasta el pleno ordinario del día 27 de julio, está ya ejerciendo como regidora en funciones Mónica González. La primera teniente de alcalde figura además como la principal opción del PSOE para presentarla como candidata en el pleno extraordinario a convocar en un plazo máximo de diez días desde el de la próxima semana. Su sueldo fue uno de los que nadie cuestionó, ni PP ni BNG. Tampoco ha vivido situaciones previas de conflicto con la formación nacionalista, como sí ocurre con Paula Fernández, que podría sonar, no en van en su día fue regidora. Pero su figura dificultaría en teoría reabrir el diálogo roto con el BNG en aras de la gobernabilidad de Silleda, lo que no ocurre con Mónica González.

El resto de miembros del gobierno local parecen ya descartados de inicio. En espera de la evolución de acontecimientos en el propio seno socialista, como por ejemplo que se pronuncie Manuel Requeijo sobre recoger el acta dejada por Cuíña, la «vida» sigue y el gobierno también continúa su labor con la convocatoria hoy de ese pleno ordinario del próximo jueves.