Amelia Pérez será reelixida á fronte de CC.OO. en Galicia ao ser a única candidata no congreso

Domingos Sampedro
d. sampedro REDACCIÓN / LA VOZ

ECONOMÍA

XOÁN REY | EFE

Tamén se presentou unha única lista para conformar a executiva nacional da central sindical

16 may 2025 . Actualizado a las 12:55 h.

Comisión Obreiras seguirá tendo unha muller á fronte do sindicato en Galicia. Amelia Pérez Álvarez (Moaña, 1970) veu despexado o camiño cara a súa reelección como secretaria xeral de CC.OO. en Galicia ao pecharse no mediodía deste venres o prazo para a presentación de candidaturas e ser a única aspirante ao cargo, como xa ocorrera no anterior congreso do 2021.

Esta diplomada en turismo e traballadora de Zara, que se converteu en delegada sindical en 1999 e delegada comarcal en Vigo, no ano 2012, disporá de catro anos máis para dirixir a central sindical, e a diferenza do seu primeiro mandato, no que houbo dúas candidaturas para conformar a executiva, fontes consultadas por La Voz aseguran que tamén se presentou unha soa lista para, a conformada por ela, para definir o equipo de goberno de CC.OO. na comunidade.

Logo das votacións que terán lugar no 13º Congreso que Comisións Obreiras celebrada na Cidade da Cultura de Santiago, Amelia Pérez tomará a palabra arredor das 14.30 horas para agradecer o caudal de apoio recibido entre os delegados e delegas e marcar as liñas estratéxicas da tarefa que ten por diante.

A segunda e última xornada do cónclave sindical dou comezo este venres coa intervención do secretario confederal de Políticas Públicas e Protección Social de CC.OO., Carlos Bravo, quen considerou «una mala noticia» a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), que di que o complemento por fillos nas pensións, coñecido como complemento á redución da fenda de xénero, segue discriminando os homes. A resolución afecta á bonificación establecida no 2021 que incrementa en 35,9 euros mensuais por fillo —ata un máximo de catro— as prestacións contributivas de viuvez, xubilación e incapacidade permanente.

Bravo asegurou que o Comisión responderá a esta resolución, pois o devandito complemento creouse tamén por una sentenza xudicial e permitiu que, a día de hoxe, case 900.000 mulleres estean percibindo unha pensión mellorada en función do número de fillos que tiveron», subliñou.