A Xunta adxudica máis de 10.000 prazas de profesores tralas oposicións
e o concurso de traslados

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

EDUCACIÓN

Oposiciones para profesor en el IES Lamas de Abade, con casi medio millar de aspirantes a educación primaria.
Oposiciones para profesor en el IES Lamas de Abade, con casi medio millar de aspirantes a educación primaria. SANDRA ALONSO

Cubríronse o 86 % das prazas convocadas nas oposicións e asignáronse 3.320 vacantes entre os funcionarios en expectativa de destino ou que pretendían mudar de centro

24 jul 2025 . Actualizado a las 21:54 h.

A Xunta adxudicou para o vindeiro curso un total de 10.320 prazas de profesores logo de resolver dous procesos, o concurso de adxudicación de destinos provisionais e o concurso xeral de traslados. En total, concedéronse 868 vacantes máis que o ano pasado.

Entre as prazas docentes cubertas pola consellería, 7.000 consignáronse mediante o concurso de adxudicación de destino, no que se encontran as solicitudes de todos aqueles profesores que superaron as oposicións celebradas este verán e que agora se converterán en persoal funcionario en prácticas. O proceso culminou adxudicando o 86 % das prazas convocadas. 

Por outro lado, tamén se adxudicaron outras 3.320 prazas mediante o concurso de traslados, «unha aposta pola estabilidade do corpo docente», a xuízo da Xunta, que subliñou este xoves a importancia deste proceso para crear «cadros de persoal máis estables nos centros».

No concurso de traslados deben participar os funcionarios en expectativa de destino, pero tamén poden facelo aqueles docentes con destino definitivo que desexen cambiar de centro.

A Consellería de Educación engadiu onte que o reforzo do persoal se incrementará en setembro, adxudicando máis prazas mediante o plan MEGA de mellora da calidade educativa. Segundo explicou noutras ocasións o departamento liderado por Román Rodríguez, o plan consistirá de seis iniciativas diferentes para reforzar o plantel de docentes en Galicia e avanzar na modernización do sistema educativo.