Pilar García Porto: «Os veciños de Antas de Ulla querían cambio e eramos a alternativa»
ELECCIONES 28M
A candidata socialista, que venceu por 14 votos ao popular Javier Varela, será a primera muller e política de esquerdas que gobernará este municipio da Ulloa
30 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Antas de Ulla nunca viu na Alcaldía a unha persoa que non fose de Alianza Popular ou do PP e tampouco nunca antes houbera unha muller. Pilar García Porto, número dous do PSdeG na provincia e deputada provincial, será o vindeiro 17 de xuño a persoa que rache a historia democrática de Antas. Gañou as eleccións por 14 votos ao alcalde popular Javier Varela, rexedor desde o ano 1998.
—Que sinte logo desta vitoria histórica?
—As sensacións na campaña foron moi boas, había ganas de cambio, pero a clave foi que tivemos un equipo consolidado desde hai anos, sen variacións, e que os veciños nos viron como alternativa.
—E que se presenta desde moi nova, xa no 2007.
—Si, non foi fácil, pero había que crear un proxecto sólido e que nos visen como alternativa fronte ao evidente desgaste do alcalde e o seu goberno. Foron moitos anos de maiorías absolutas e de poder fáctico do PP en Antas de Ulla. Pero ofrecemos nestes anos compromisos aos veciños
—Cal vai a ser primeira medida que fará ao chegar ao goberno local?
—Temos que revisar a situación real do Concello, verificar como está a situación municipal, cal é débeda real do Concello, que cremos que supera o millón de euros.
—E que retos ten por diante este municipio?
—Temos que reverter a mala situación económica que ten o municipio. Tamén hai que consolidar os servizos municipais, mellorar as comunicacións por estradas do concello, necesidades do alcantarillado e na traída, e xa no casco urbano intentar levar adiante un proxecto para ofrecer unha vila coidada e con calidade de vida. Tamén na vila hai que mellorar a traída da auga. E non me quero esquecer de atender as demandas sociais, como incrementar o SAF e conta cun centro de día.
—E pedirán á Xunta que remate a residencia e o centro de saúde prometidos.
—E que a Xunta leva 40 anos sen facer o prometido na residencia. Agora están coas obras na segunda planta. E si, temos que pedir que se faga o centro de saúde que prometeron. Unha vez feito, o actual queremos dedicalo a actividades relacionadas con servizos municipais.