Búscase: novas promesas do xornalismo galego
07 mar 2012 . Actualizado a las 14:01 h.Xa son miles os estudantes que se puxeron ao choio para participar na novena edición do Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil que convoca o Programa Prensa-Escuela. Os máis peques, de infantil e primeiro ciclo de primaria, recortando titulares e debuxando sobre as maquetas oficiais coa inestimable axuda dos seus profesores. Os do 2.º e 3.º ciclo de primaria e os de educación especial, reescribindo noticias coas súas propias palabras e ilustrándoas coas súas creacións gráficas. Os da ESO, realizando e editando entrevistas con foto incluída. E os de bacharelato e formación profesional, expresando as súas ideas en artigos de opinión. Todos eles traballan con ilusión e profesionalidade... sen perder de vista os interesantes premios que están en xogo. E aínda que nin eles mesmos saben se o día de mañá se dedicarán ao mundo do xornalismo, de momento familiarízanse coa prensa, melloran a súa comprensión lectora, a súa capacidade de redacción e o seu sentido crítico. ¡Que xa son moitas vantaxes! A continuación tes as categorías nas que podes participar e as bases do Concurso:
1- Categoría Mellor Xornalista Infantil
2- Categoría Mellor Xornalista Xuvenil
E non esquezas que se queres participar estes son os prazos para o envío dos traballos.