¿A quen prefires no teu grupo?

José Suárez

ESCUELA

Con este comeza unha serie de artículos para organizar mellor as actividades de grupo

03 oct 2012 . Actualizado a las 13:18 h.

Comezaron as clases, La Voz de la Escuela xa está nos colexios e nos planteamos a seguinte pregunta: ¿enfrontámonos sos, un a un, coas noticias -¡vaia valentes!- ou nos agrupamos? ¿Como o facemos?

Hai moitas formas de traballar en grupo: hoxe imos fixarnos nunhas poucas e nas próximas semanas botaremos o resto. Ao longo destes anos fomos recollendo opinións de alumnos e profesores, que che facilitamos tamén para constituír un grupo de traballo.

1 POR AMIzADe

É unha das reaccións máis espontáneas recollidas nos grupos, xa que ninguén quere complicarse na relación cos demais; por outra banda, compartir grupo leva moitas veces a chamar por teléfono despois de clase, citarse, ir ás veces á súa casa, etcétera.

n ¿Podemos estudar xuntas?, é que Elena é a miña amiga.

n ¡Miúdo rolo, é un plasta, non hai quen o aguante!

n A min non me queren no grupo: falan entre eles pero a min non me din nada.

n Trabállase mellor entre amigos: préstasche as cousas e, se non o sabes, axúdanche; en cambio, os que saben moito sempre din que non teñen tempo.

n Ten a vantaxe de que, despois, se estás en casa, a un amigo chámalo se non sabes un problema; en cambio, a outros do teu grupo, que non son amigos, non.

2 POR NIVEL ACADÉMICO HOMOXÉNEO

É tamén unha variante común, xa que os alumnos tenden a unha certa seguridade de non arriscar as súas propias cualificacións ou porque cren que é perder o tempo ter que axudar a outros que non seguen o seu ritmo.

n Os que terminaron o exame que se reúnan en grupo e busquen máis datos sobre o número de árbores que teñen ao seu lado, pontes importantes, feitos históricos que sucederon cerca. Naturalmente, ao final van quedando os que talvez sabían un pouco menos para formar outros grupos.

n ¡Non hai dereito! Tocáronme de compañeiros uns que non saben nada e todos os listos se foron xuntos.

n É que, se mesturamos os de maior cos de menor nivel, ou uns abúrrense porque non aprenden nada novo ou os outros se desesperan porque non lles seguen o ritmo aos que saben máis.

n Colocar aos alumnos no nivel correspondente aos seus resultados estimúlaos a camiñar máis vendo como outros chegan co seu esforzo a saber máis.

n Ao revés, cando che pon nun nivel baixo é que non esperan nada de ti.

3 POR NIVEL ACADÉMICO HETEROXÉNEO

É talvez unha das variables que, teoricamente, na literatura pedagóxica, aparece como máis defendible. Na práctica, require un adestramento paralelo, intentando resolver as dificultades que xorden.

n Eu, se me deixan escoller, quedaría con Jorge e Marta, porque saben moito e explícanche ben se quedas parado.

n Ao principio, amolábame bastante: perdes moito tempo axudando a outros; pero un día saquei a mellor nota porque me tocaron no exame problemas que tiven que explicarlle ¡dez veces! ao meu irmán, aínda que vai un curso máis abaixo.

n O mellor grupo é cando hai listos e tamén xente como ti.

n Ás veces sabes as cousas; pero, se tes que explicalas a outro, estúdalas máis.

n A min sempre me escollen no grupo para traballos fáciles, como ir por libros á biblioteca, porque non entendo moito; pero despois tamén me axudan máis.

4 POR INTERESES PERSOAIS

Pódense agrupar polos intereses que lles suscita un tema de clase, elixindo o que conecte máis con eles, polo seu contido ou pola metodoloxía que leva o seu estudo.

n Eu prefiro estudar o de música.

n Eu, facer os cadros no computador.

n Eu estudo os problemas e despois explícoos a quen queira.

n Eu prefiro ler con Roque e despois facemos un resumo.