1. Valora a súa opinión. Se odia tocar a frauta, ou se ve ridículo asistindo ás clases de bailes de salón, non merece a pena que insistas: acabará por deixalo.
2. Unha vez escollida a actividade, non lle permitas que a abandone. Polo menos, ata que acabe o trimestre. É normal que non saiban o que lles gusta e que necesiten probar varias alternativas ata dar cunha coa que disfrutar. Pero caprichos, os xustos. Ademais, é unha boa forma de aprender a importancia de manter un compromiso incluso en momentos de cansazo ou desilusión.
3. Non o sobrecargues. É importante que as clases extraescolares non superen as 4 ou 5 horas semanais. Pasado este límite, é probable que diminúa o seu rendemento noutras áreas (aínda que depende da súa capacidade e madurez persoal).
4. Pero tampouco lle deixes perder o tempo: se o tempo libre pásao diante da televisión comendo galletas ou xogando co computador... Corta coa situación e proba a que practique algunha actividade que poida motivalo.
5. Intenta romper coa rutina. Xa pasa unhas 25 horas semanais cos mesmos nenos da clase durante dez meses ao ano; se ademais comparte as actividades extraescolares, o seu mundo de relacións sociais verase moi limitado. Sempre que sexa posible, iralle ben cambiar de aires e de compañeiros.
6. Non o castigues ameazándoo con sacalo da actividade extraescolar: é parte do seu desenvolvemento e pode axudalo a acadar o equilibrio persoal. Se a un neno nervioso, por portarse mal, se lle quitan os adestramentos de fútbol, é probable que a súa conduta empeore.
7. Evita o sexismo: ás nenas vénlles moi ben o judo ou o futbito, e aos nenos a patinaxe ou o ballet.
8. Intenta equilibrar a súa formación: que as actividades deportivas se combinen coas artísticas ou académicas.
-AS DEPORTIVAS: Axudan ao desenvolvemento físico, a percepción espacial, a coordinación motora, a axilidade e o equilibrio. A nivel social, ensinan a asumir responsabilidades, asimilar as normas, aceptar as frustracións e respectar aos demais. Por exemplo: baloncesto, fútbol, patinaxe, ximnasia rítmica, natación ou artes marciais.
- ARTÍSTICAS: Potencian o gusto pola estética, a creatividade, a imaxinación e a reflexión. A maioría desenvolven as destrezas manuais e visuais. Son actividades que ensinan valores como a autodisciplina, a perseveranza e a responsabilidade. Pintura, música, teatro, danza, manualidades...
-ACADÉMICAS: O obxectivo é a ampliación de coñecementos. As máis típicas son o reforzo das materias, a aprendizaxe de idiomas ou a informática.