Temas internacionais para o ano 2013

Jesús Garrido cursosrepeducador.es

ESCUELA

A Organización de Nacións Unidas sinalou para o 2013 dous temas internacionais: o cultivo da quinua e a cooperación na esfera da auga. De ambas cuestións o xornal foinos traendo algunha noticia ao longo do ano que está a piques de rematar. Podes atopalas escribindo o título no buscador da edición dixital de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/) para lelas enteiras tal e como foron publicadas

20 dic 2012 . Actualizado a las 02:54 h.

1. A QUINUA

Evo Morales visita a Corte Internacional de Xustiza na Haia

La Voz, 12/6/2012. O presidente boliviano, Evo Morales, realizou esta tarde unha visita de cortesía á Corte Internacional de Xustiza (CIJ) da Haia. Un dos temas centrais da charla foi «a loita contra a pobreza». Morales, que iniciou o pasado fin de semana unha xira por Italia e Holanda, ten entre os seus obxectivos promocionar a quinua, un alimento similar aos cereais que se produce nos países andinos. En Holanda, Morales tivo ocasión de promover as bondades dese alimento no marco da feira de horticultura Floriade, na cidade de Veno.

ACTIVIDADE: Liga con http://www.lindisima.com/ayurveda/quinoa.htm para ver as súas propiedades e vantaxes.

2. PROTEÍNAS

Mariella: unha nena de 80 anos

La Voz: 10/8/2010. Chámase Mariella e ten 8 anos, pero pesa menos de 10 quilos, ten a pel engurrada, perdeu o cabelo e sofre de artrose e cataratas: o seu pequeño corpo de 94 centímetros é o dunha anciá de 80 anos. Finalmente, Mariella chegou ata o doutor Luis Rubio , director do Hospital da Solidariedade en Lima (Perú), que non tardou moito en diagnosticar esta enfermidade, que padecen un de cada 8 millóns de nenos e é debida a unha alteración xenética. O doutor Rubio ordenou que un equipo de nutricionistas reoriente a alimentación de Mariella e aumente a achega de proteínas con cereais e plantas andinas como a quinua, a kiwicha ou a maca.

ACTIVIDADE: Busca en Google imaxes de «quinua», e saberás como é esta planta.

3. DA BILLA

A Xunta de Galicia ordena beberauga da billa en escolas de 0 a 3 anos

La Voz, 21/7/2012. A Xunta de Galicia ordena beber auga da billa en escolas de 0 a 3 anos. Elimínase así a auga embotellada, tamén para os lactantes. A norma ten carácter xeral, excepto nos casos que se comprobe que a auga das escolas infantís non é apta para o consumo. Tamén se preguntan que vai ocorrer cando a choiva aumente e a auga da traída saia turbia, algo habitual en moitos lugares de Galicia, a pesar do cal sigue sendo potable.

ACTIVIDADE: ¿Podemos pescudar quen controla que a auga sexa potable? ¿Como o fan? ¿Que elementos entran na análise? ¿Invitámoslle a clase e decatámonos dunha vez?

4. A AUGA

Cada galego gasta 140 litros de auga ao día

La Voz, 24/2/2012. O país da choiva, Galicia, sofre unha sede galopante. A escaseza obriga a repensar a xestión da auga e extremar o consumo responsable. ¿Perderá Galicia parte dos seus recursos hídricos? Tamén «combinar os usos hidroeléctrico e de abastecemento dalgúns encoros», sinala Díaz-Fierros. «Hai que preservar o uso número un da auga: beber». ¿Canta auga se perde na rede de subministración? En Galicia distribuíronse 279 millóns de metros cúbicos no 2009.

ACTIVIDADE: Non é difícil comprobar se esa cantidade de gasto é certa. Cada un anota o que gasta en casa para beber e outros consumos. O seguinte é presentar os resultados en clase. Bonito cadro.

5. O CONSUMO

A Xunta negocia cos concellos o cobro da agua por consumo real

La Voz, 2/5/2012. Augas de Galicia deberá buscar coas concesionarias unha fórmula para que esa rebaixa de ata o 15 % do consumo non reverta nunha caída da recadación que os concellos obteñen na actualidade polo recibo da auga. Galicia é a cuarta comunidade na que menos se paga o consumo doméstico de auga: 1,02 euros por metro cúbico, incluído abastecemento e saneamento.

ACTIVIDADE: ¿Canto suma o gasto do mes para beber, canto vale o litro de auga, e o consumo total de casa?

6. O 75 % DA TERRA

A auga é un dereito escaso

La Voz, 3/10/2012. Ocupa tres cuartas partes da superficie da Terra, pero moi pouca é útil para o consumo humano. Un estudo publicado en La Voz de la Escuela, con amplas ligazóns para traballar na aula.

ACTIVIDADE: Telo aí case todo, no artigo e nas ligazóns.

7. POTABILIZACIÓN

Beber auga do mar

La Voz, 15/2/2012. Un proxecto desenvolvido no porto de Ares podería abastecer a 300 persoas ao día. A empresa galega Sistema Integral Tratamento da Auga desenvolveu con éxito un proxecto experimental de potabilización de auga mariña.

ACTIVIDADE: ¿Por que non se pode beber a auga do mar? ¿Cal é o proceso para convertela en potable?