Entre as moi diversas preguntas que se reciben nesta sección do Programa Prensa-Escuela non faltaron as que se refiren aos fundamentos da ciencia, como as que seguen. ¿Anímaste ti a participar?
n ¿Que me recomendariades para poder ser unha boa científica?
Para ser boa en calquera campo, e desde logo na ciencia, o primeiro é estudar, ler e obter a información xa coñecida sobre aquelas cuestións que che interesan. Ademais, un bo científico móstrase curioso, observa a súa contorna e exponse preguntas, e fai experimentos que lle dean datos para respondelas. Ademais, é importante ter sentido crítico, o que significa non dar por boa unha resposta sen comprobala e sen ter tido en conta outras posibilidades que expliquen o que observamos.
n Pregunta: Sabela Mosteiro, 10 anos, Carril - Vilagarcía de Arousa
n Responde: Susana Pérez
¿Que pasará coa Terra dentro de 1.000 anos?
n Un dos aspectos máis interesantes da ciencia é a súa capacidade de predición. Iso si, trátase dunha predición con fundamento, baseada en probas obtidas a partir da experimentación. Mil anos é moito tempo para predicir cientificamente. Vaiamos a un período de tempo máis próximo, por exemplo, finais do século XXI. E utilicemos como paradigma o cambio climático, unha cuestión que afecta de cheo ao planeta Terra. Neste caso, os científicos realizan complexos cálculos matemáticos para predicir, aproximadamente, a temperatura media que haberá cando acabe o século en que vivimos. Hoxe estímase que a temperatura podería subir 1,8 graos centígrados nun mundo cunha poboación estable e que usa enerxías limpas, ou incrementarse ata 4 graos nun mundo de crecemento económico rápido e que segue empregando intensamente combustibles fósiles.
n Pregunta: Tamara, Iria, 12 anos, Taboada
n Responde: Patricia Barciela