O ficheiro de termos

Jesús Garrido cursosrepeducador.es / info@cursosrepeducador.es

ESCUELA

Trátase de abrir un ficheiro de termos (Fiter) na túa propia escola, onde vaias ordenando, aos poucos, os termos ou palabras que figuran sinalados cunha cor especial (normalmente azul, ou outra, segundo os computadores) na sección Noticia do día que se publica cada mañá na web de Prensa-Escuela.

06 feb 2013 . Actualizado a las 12:16 h.

1. CREAR O FICHEIRO

¿Como construír o Fiter?

2. ACHEGAR PALABRAS

Proceso para encher o ficheiro

Ten os seguintes pasos, a non ser que ti inventes uns mellores, máis rápidos, máis claros e eficientes, que non dubidamos do teu enxeño ou da axuda que poida prestarche o teu profesor de Informática na escola.

A) Empeza por buscar a Noticia do día e ábrea.

B) Atoparás o título, o texto da noticia e actividades.

C) Encima do texto, hai tres títulos en tres cores: Personaxe, Termos, Lugares.

D) Pica en Termos: aparecerán en cor os termos seleccionados.

E) Constrúe unha páxina co título Fiter.

F) Copia os termos directamente e pégaos, tal cal están na web, nesa páxina que chamastes Fiter, gardando desde o principio unha orde alfabética. Importante: a copia directa en soporte dixital facilitarache despois abrir ese termo, con só picalo, e poder ler o seu significado.

G) Á beira do termo copiado, escribe tamén a data na que saíu ese termo na Noticia do día. Iso facilitarache ver despois o termo dentro do seu contexto e así entender mellor o seu significado.

Podemos comezar, por exemplo, cun ensaio, fixándonos soamente nas Noticia do día correspondentes á semana do 21 ao 25 de xaneiro do 2013.

Máis tarde, se todo nos funciona ben, como é de esperar, imos á semana anterior, e así ata onde queiramos chegar, que a Noticia do día funciona desde hai anos e o Fiter que se pode construír resultará inmenso, desde logo. Ou, sinxelamente, partir desta semana, recoller o feito este curso 2012-2013 e completar todo o que veña.

3. NOTICIAS PARA COMEZAR

¿Facemos unha proba?

Para ver como se fai o Fiter, eliximos, como diciamos arriba, os termos que aparecen sinalados como Noticias do día na semana que vai do 21 ao 25 de xaneiro do 2013.

n Abrimos: http://www.prensaescuela.es/web/noticiadia/noticiadeldia.php e picamos en Consultar / Seleccionamos a data correspondente.

n Despois procedemos tal como se indica no apartado anterior do proceso para encher o Fiter.

n Imos comprobando se cada termo, ao copialo e pegalo no ficheiro dixital, conecta, funciona e mostra o seu significado e contido.

4. ORDE ALFABÉTICA

Fiter para ir á noticia

Os termos seleccionados na semana do 21 ao 25 de xaneiro do 2013 e ordenados polo alfabeto, lucirían así, pero colocados en vertical e coa súa data correspondente para conexións directas coa noticia onde se insiren: alertas / banco de alimentos / borrasca / cicloxénese explosiva / franxa marítima / choiva / neve / nivel laranxa / ondada / piscifactoría / presa / riada / ruína... seguindo cos termos dos demais días.

Cando termines, avísame de como che foi.

TRES PASOS. Todo estudo dun termo leva consigo tres pasos:

n Significado literal: ver o seu significado no dicionario, se procede.

n Contexto: centrar o contexto da noticia onde está o termo.

n Ligazóns: estudar variables que este termo leva consigo: sinónimos, antónimos e outras conexións que pode levar consigo nunha ou varias noticias ou materias.

VISUAL THESAURUS. Como unha curiosidade atractiva e áxil recomendámosche que conectes con Visual Thesaurus, onde poderás atopar o tratamento áxil que dan aos termos dunha noticia.

n Cada día unha palabra e cada palabra centrada nun mapa interactivo que leva consigo a conexión con diversos sinónimos, tanto en inglés como en español e outras linguas.

n Pode un subscribirse á súa edición ou ensaiar gratis durante un tempo para ver como funciona: http://www.visualthesaurus.com/

OS MAPAS MENTAIS. O complemento natural para o estudo dun termo no Fiter podería ser tamén a construción propia de mapas mentais, seguindo as pautas dos oito gráficos máis utilizados e o seu desenvolvemento.

n Podes pedilo a info@cursosrepeducador.es e os recibirás gratuitamente por correo electrónico.

n Gong parou o tren e matou un millón de troitas (21/1/2013).

n Termos: cicloxénese explosiva / riada / choiva / presa / piscifactoría / ruína / banco de alimentos / borrasca / alertas / ondada / nivel laranxa / franxa marítima / neve.

n Obama promete un xiro progresista (22/1/2013).

n Termos: investidura / axenda progresista / igualdade / inmigrantes / cambio climático / multilateralismo / xurar o cargo.

n O príncipe Harry esperta a ira dos talibán (23/1/2013).

n Termos: talibán / guerra / vida / helicóptero apache / covarde / videoxogo / arrogante.

n Corpo grande, miolo pequeno (24/1/2013).

n Termos: tonelada / xigante / saurópodos / dinosauros / cerebro / cranio / xacemento / oído interno / era mesozoica / Cretácico.

n A versión galega de «O principiño» chega a sua vixésima edición (25/1/2013).

n Termos: escritor / tradutor / librería / normalizador / editorial / literatura universal.