«Theobroma cacao» é o nome científico da árbore do cacao, no que «theobroma» significa literalmente ?alimento dos deuses?. A árbore do cacao apareceu de forma natural nas selvas tropicais dos ríos Amazonas e Orinoco. Os maias, e despois os aztecas, usaban o cacao como especia. Foi á súa chegada a Europa cando comezou a adozarse con azucre e a mesturarse con leite para facer máis amable o seu sabor. En Europa, o chocolate introduciuno o conquistador Hernán Cortés na corte do rei Carlos V, e desde entón evolucionou ata que no século XVII adquiriu o sabor e textura de hoxe día.
As técnicas máis modernas de tostado e triturado da semente de cacao facilitaron tanto a súa conservación como o nacemento de formatos máis manexables, como as tabletas. Na actualidade, a maior parte do cacao cultívase en África, e os maiores produtores son Costa do Marfil, Ghana, Indonesia, Nixeria, Camerún, Brasil, Ecuador e Malaisia. Os principais consumidores de chocolate están en Europa e Norteamérica e á cabeza, os Países Baixos, Estados Unidos e Alemaña.