Un e-studo para aprender a ler

La Voz

ESCUELA

24 abr 2013 . Actualizado a las 13:22 h.

«Cunqueiro nos relatos» é o título dunha das recentes unidades didácticas colgadas da web de Prensa-Escuela, na sección Sala de profesores. Este e-studo de noticias aproveita o descubrimento de relatos inéditos do autor cuxo centenario se celebrou no 2011 para afondar na súa figura. Pero o maior interese para os docentes será, probablemente, o de aproveitar a oportunidade de fomentar nos alumnos o gusto pola lectura.

Os relatos de Cunqueiro, pola súa brevidade, proximidade e amable humor, son moi axeitados para captar futuros «leóns». E o e-studo propón unha lectura e análise guiada dun destes contos tan representativos do mindoniense.

Amais, ofrece unha guía para ver unha entrevista televisada en 1978, no programa «A fondo», que se pode ver en Internet. Nesta entrevista os alumnos poderán descubrir case que todas as claves literarias para entender o autor e a súa obra.