En negro e vermello

La Voz

ESCUELA

Presentación da Asociación Roberto Vidal Bolaño en febreiro
Presentación da Asociación Roberto Vidal Bolaño en febreiro SANDRA ALONSO

Falabamos ao principio dos trazos que atravesan a obra dramática de Vidal Bolaño ao longo da súa produción literaria enteira. Do gusto polo fantástico e pola tradición, da proximidade ao esperpento valleinclanesco e da admiración que sentía por Otero Pedrayo. Pois ben, esta admiración maniféstase no gusto do homenaxeado polo simbolismo.

¿E que é iso do simbolismo? Aínda que foi a bandeira da arte modernista de finais do XIX e principios do século XX, e dela tira partido Vidal Bolaño, o simbolismo é a representación perceptible dunha realidade. O seu nariz de pallaso (a licenza para falar libremente) e o seu chapeu negro (a nostalxia dun amor bruscamente perdido), que poderás ver en moitas caricaturas e fotos do autor, simbolizan xa por sempre ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, o home escenario.