A corentena

La Voz

ESCUELA

Cando os peixes chegan ao acuario permanecen nun tanque no que son observador para detectar enfermedades, feridas ou parásitos

16 oct 2013 . Actualizado a las 11:24 h.

Cando o transporte chega ao acuario hai que aclimatar aos recentemente chegados á auga da instalación. Para iso vaise renovando aos poucos a auga do tanque de transporte con a auga do acuario.

Este proceso debe realizarse lentamente, para evitar cambios bruscos nas condicións ambientais (sobre todo de temperatura) e de xeito que ao cabo dunhas horas o tanque de transporte estea totalmente cheo da auga do acuario. Os peixes xa poden introducirse na instalación.

O primeiro sitio ao que son trasladados os novos inquilinos é a un tanque que se chama de corentena, onde permanecerán algún tempo observados de cerca polos coidadores en busca de síntomas de enfermidade, feridas, parasitos ou calquera outra anomalía que requira atención veterinaria. Durante a súa estancia na corentena os exemplares serán desparasitados e desinfectados e asegurarémonos de que non son portadores de ningunha enfermidade que poidan contaxiar ao resto. Cando finaliza a corentena (cuxa duración dependerá do estado de saúde dos animais) e se saiba con certeza que non están enfermos, que comen ben e que poden nadan e se comportan correctamente, xa poden ser trasladados definitivamente aos acuarios de exposición nos que saudarán aos visitantes.

Para saber máis

- Portal que conta con moita información práctica e axuda técnica para a posta en marcha dun acuario e a solución dos problemas máis frecuentes dos de auga doce: http://www.firsttankguide.net

- Páxina web especializada en acuarios de arrecife con moitísima información sobre todas as técnicas acuariolóxicas. Dispón dunha revista propia con todo tipo de artigos relacionados coa acuarioloxía (técnica, deseño, etcétera): http://www.advancedaquarist.com

- Páxina do Aquarium Finisterrae da Coruña. Nela poderás atopar toda a información sobre o noso acuario. Dispón dunha dirección de correo electrónico onde poderás realizar calquera consulta relacionada coa acuarioloxía e coa bioloxía mariña en xeral:

http://mc2coruna.org/aquarium/

Actividades

Facendo números. De todos os factores que inflúen no deseño dun acuario o máis determinante é (á parte do orzamento dispoñible) cubrir as necesidades de espazo dos animais que desexamos manter nel. Supón que nun acuario se desexan aloxar 2 quilos de peixes por cada metro cúbico de auga do tanque. ¿Que cantidade de peixes se podería aloxar nun tanque como a Sala Nautilus do Aquarium Finisterrae, que conta cunha capacidade de 4,7 millóns de litros de auga? Cres que é o mesmo ter 1.000 sardiñas de 100 gramos cada unha que 10 peixes de 10 quilos? ¿Como cres que inflúe o tamaño dos peixes no deseño dun acuario? ¿Que outros factores cres que inflúen na capacidade de carga dun acuario sabendo que, por exemplo, unha piscifactoría pode ter máis de 30 quilos de biomasa por metro cúbico de auga?