Non son palabras dicionario (PAD) nin palabras enciclopedia (PAE), senón palabras noticia (PAN). Cando as buscas no ficheiro non che falan de etimoloxía e significado nin do tema que levan consigo, senón que che conectan cunha noticia, son historia viva. Cinco na semana, 5; vinte no mes, 20; e no curso escolar unhas 200. ¿Paréceche pouco? Todos os días, de luns a venres, na Noticia do día do Programa Prensa-Escuela (www.prensaescuela.es). ¡Ánimo, pois! Empezamos hoxe, a modo de exemplo, con palabras destacadas en grosa. Importante: As palabras de cada apartado non teñen que ir no mapa conceptual que se describe: é pura coincidencia de orde alfabética.
1. Palabra núcleco
Corresponde ao mapa conceptual, onde a palabra crave colócase no centro e as aspas serven para buscar sinónimos explicativos do seu significado na noticia que representa.
- Accidentes: O primeiro ministro surcoreano dimite polo naufraxio do ferri Sewol (La Voz, 28/4/2014).
- Arqueoloxía: O val dos Reis regala outras 50 momias (La Voz, 29/4/2014).
- Antropoloxía: Achan os cambios xenéticos que separan ao «Sapiens» do neardental (La Voz, 18/4/2014).
- Artes plásticas: Este chinés (Pei Shen Qian) pinta como Pollock (La Voz, 28/4/2014)
- Bioloxía: Descifran o xenoma da mosca tsetsé (La Voz, 24/4/2014).
- Ciencias naturais: Voz Natura gana o premio Energy Globe España (La Voz, 28/4/2014).
2. Palabra comparativa
Pola parte superior da liña, á esquerda, escríbese unha palabra que se parece a outra que se escribe sobre a liña superior da dereita. Debaixo escríbense outras dúas palabras, unha á esquerda e outra á dereita. E dise: como esta palabra da esquerda parécese a esta da dereita, así («as», en inglés) estas dúas de abaixo parécense entre si.
- Cine: Oito apelidos vascos consegue o imposible e convértese no filme español máis recadador (27/4/2014).
- Cidadanía: O novo padrón resta nun ano outros 27.000 mozos a Galicia (La Voz, 23/4/2014).
- Conflitos: Os prorrusos sublevados asestan varios reveses ao Goberno de Kiev (La Voz, 28/4/2014).
- Deportes: Sen «sherpas» non hai Everest (La Voz, 23/4/2014).
- Economía: España é o sexto país da UE co recibo da luz máis caro (La Voz, 29/4/2014).
- Educación: Queremos preparar ao mestre para detectar altas capacidades (La Voz, 27/4/2014).
3. Palabras de coincidencia puntual
A figura do mapa ten dous núcleos. En cada un colócase unha palabra diferente. Cada palabra ten os seus significados propios e diferentes; pero hai algo que as une, no que coinciden, representado polo círculo central, onde se escribe esa coincidencia.
- Física: Adrián Grille, do colexio Peleteiro, medalla de prata no Nacional de Física (La Voz, 6/4/2014).
- Gastronomía: Adeus á data de caducidade dos iogures (La Voz, 29/4/2014).
- Xeografía: Crece a presión migratoria en Melilla (La Voz, 20/4/2014).
- Xeoloxía: Un mapa recupera do abandono o patrimonio mineiro de Galicia (La Voz, 23/4/2014).
- Historia: Os grandes obxectivos do 25 de abril están lonxe de alcanzarse (La Voz, 23/4/2014).
- Lingua Estranxeira: A sección de Negreira da Escola Oficial impartirá quinto de Inglés (La Voz, 27/4/2014).
4. Palabras ramificadas
Son palabras que teñen subdivisións propias e independentes, con colgantes; pero a raíz fonte é a mesma: teñen o mesmo xene inicial, que se estende por distintos camiños e se ramifican.
- Lingua e Literatura: A poesía e ás traducións de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas, chegan ás librerías (La Voz, 28/4/2014).
- Marítima: Tres naufraxios en 39 días marcan a costeira da xarda máis luctuosa (La Voz, 18/4/2014).
- Matemáticas: As mates vanse de feira (La Voz, 23/4/2014).
- Meteoroloxía: As temperaturas superarán os 25 graos na ponte do 1 de maio (La Voz, 29/4/2014).
- Música: O tenor Carreras volve oito anos despois en O xuíz a cantar unha ópera completa (La Voz, 23/04/2014).
- Política: O Parlamento Europeo bota o peche ata as eleccións de maio (La Voz, 18/4/2014).
5. Palabras rémora
Son palabras que se soben ao mesmo carro, van parellas, aínda que nunca se mesturan do todo. Ás veces son as que dan pé e conectan a realidade máis sublime coa verdade a nivel de terra.
- Química: O combustible solar xa é real (La Voz, 29/4/2014).
- Relixión: Dous papas ao altar e outros dous en San Pedro (La Voz, 28/4/2014).
- Saúde: A OMS está alarmada pola reaparición da polio (La Voz, 29/4/2014).
- Tecnoloxía: Sony vendeu desde novembro sete millóns de consolas PS54 (La Voz, 18/4/204).
- Televisión: O Xabarín que revolucionou aos nenos galegos cumpriu 20 anos (La Voz, 27/4/2014).
- Turismo: Todos queren coñecer As Catedrais (La Voz, 18/4/2014).
- Zooloxía: Un ácaro é o animal máis rápido do mundo (La Voz, 29/4/2014).