Prensa-Escuela e Voz Natura celebran que xa chega o verán con miles de estudantes
04 jun 2014 . Actualizado a las 12:38 h.Coa participación un ano máis de miles de alumnos tanto no programa de educación medioambiental Voz Natura como nas actividades e concursos que propón Prensa-Escuela, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre pecha o curso escolar 2013-14 coa meirande festa de fin de curso que poidades imaxinar. Unha festa aberta a toda a familia do ensino galego e con entrada gratuíta.
A cita será no parque de Acea de Ama, no concello de Culleredo, preto da Coruña. O vindeiro sábado 7 de xuño. Comeza as 11.00 e as actividades finalizan ás 19.30 horas.
Durante a xornada haberá obradoiros, deportes, inchables, actuacións... para todas as idades e gustos. Non te perdas os talleres organizados por Prensa-Escuela: o de radio (estarás tras os micrófonos de Radio Voz), de televisión (elixe se queres etar diante ou detrás das cámaras de V Televisión), de prensa (verás que non é tan doado facer a primeria páxina de La Voz de Galicia) e de humor gráfico (cos mellores debuxantes do periódico). Para pasar un día completo, o parque de Acea de Ama dispón de zonas de descanso onde repoñer folgos e disfrutar dunha comida campestre. ¡Contamos contigo!
ENTREGAS DE PREMIOS
Durante a festa tamén celebraranse as cerimonias de entrega de premios dos concursos que convocan os programas Prensa-Escuela e Voz Natura.
Primeiro, os do certame Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil, ás 12.00, seguido inmediatamente dos do Mellor Blog do Curso. Son as convocatorias de Prensa-Escuela, o programa de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Algo máis tarde, e despois da visita á exposición dos proxectos, que se poderán ver no parque, os do programa medioambiental. Voz Natura recoñecerá aos centros autores dos mellores proxectos ambientais co premio Galicia, aos catro galardóns provinciais, ao mellor proxecto infantil e ao colexio que mellor expoña o seu traballo na mostra.