Os solos sans non só constitúen a base para obter os alimentos, combustibles, fibras e produtos médicos, senón que tamén son esenciais para os nosos ecosistemas, e desempeñan un papel fundamental no ciclo do carbono, almacenan e filtran a auga, e melloran a resiliencia fronte a inundacións e secas. A terra, o solo, ofrécenos hoxe o mellor pupitre de estudo que centramos nas sete leccións iniciais que falan da súa importancia para a alimentación humana e finalmente nos ofrecen os puntos máis importantes para desenvolver este menú nas aulas.
04 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O solo é de grande importancia para a produción de alimentos, pero non prestamos a suficiente atención a este aliado silencioso, segundo advertiu o director xeral da FAO, José Graziano da Silva, en vésperas do Día Mundial do Solo, que se celebra o 5 de decembro. Aquí tendes unha proposta de actividades para reflexionar sobre iso e tomar conciencia.
ELABORACIÓN DE CARTEIS
Faremos na clase pósteres sobre alimentación, partindo das seguintes bases teóricas e recursos prácticos.
1 O solo, cimento para a agricultura familiar. Descubre as súas funcións e os perigos aos que se enfronta!
2 O 95 % dos nosos alimentos veñen da terra. E a maior parte dos solos do noso planeta son usados para a agricultura familiar: o 85 % en Asia, o 83 % en América do Norte e Central, o 68 % en Europa, o 62 % en África e o 18 % en América do Sur.
3 O manexo sostible dos solos pode producir ata un 58 % máis de alimentos. O solo está cheo de vida. O solo alberga un cuarto da biodiversidade. Hai máis organismos nunha cullerada de terra sa que xente no planeta.
4 De que está composto o solo? Nun 45 % de minerais, nun 25 % de auga, noutro 25 % de aire e nun 5 % de materia orgánica.
5 Pero os nosos solos están en grave perigo. Cada ano pérdense 50.000 quilómetros cadrados de solo no mundo, aproximadamente a área de Costa Rica. Unhas once hectáreas de solo son tapadas cada hora pola expansión das cidades en Europa.
6 Os expertos estiman que só queda capa arable dispoñible para 60 anos. O 33 % do solo mundial está degradado. Esta degradación afecta ao 16 % do continente africano. Farían falta mil anos para xerar entre dous e tres centímetros de solo.
7 Mentres un terzo dos alimentos é desperdiciado, a metade dos desperdicios pódense converter en compost para nutrir a terra.
8 Ampla e visual información para traballar na escola: https://bit.ly/2qQIF44
- Carteis sobre alimentación. Unha actividade clave e moi participativa: servirá para traducir na aula en vistosos carteis o tema da alimentación, baseándose no correcto uso do solo e as súas grandes posibilidades. Bo proveito!
Noticias de galicia
1. Como adaptar un horto ao cambio climático? Cales son eses oito principios nos que se basea o método explícao un enxeñeiro agrónomo. O primeiro é a preparación da terra en profundidade. «Traballamos a terra ata os 70 centímetros de profundidade para que as raíces teñan un bo desenvolvemento», di. O segundo é usar compost a partir daquilo que retiramos do horto, o que xera carbono orgánico; o terceiro, cultivar cereais para dar de comer ao solo; o cuarto é a rotación de cultivos; o quinto, facer unha sementeira próxima; o sexto, a polinización aberta de sementes naturais; o sétimo, realizar un cultivo de calorías, que non é outra cousa máis que plantar tubérculos ou vexetais con maior achega calórica, como a pataca, a cebola ou o allo. Para rematar, o oitavo é traballar todos eses principios en conxunto, o que chamamos a integralidade.
- Abre esta ligazón e verás un excelente traballo en grupo para desenvolvemento de solo e a alimentación: https://bit.ly/37I4gMH
2. Catro noticias sobre Galicia
2.1. «A UE sitúa o solo agrario en Galicia como un dos menos contaminados. A saúde dos solos agrarios e as masas de auga en Galicia é, en liñas xerais, moi boa. Polo menos no que se refire á concentración de nitratos procedentes do ámbito agrogandeiro, a actividade económica que maior repercusión ambiental ten sobre a calidade destes ecosistemas» (J. R. Alvite. La Voz, 6/05/2019).
- https://bit.ly/2XU6Vym
2.2. O prezo do solo agrario en Galicia:
- https://bit.ly/2Dnqe9R
2.3. «Medio Rural apura para xestionar terras sen dono coñecido. Ata agora, as parcelas rústicas ás que, tras un proceso de investigación, non se lles atopaba dono coñecido pasaban a mans do Estado. Con todo, os servizos xurídicos da Administración galega consideran que, en base ao seu dereito civil, poden ser propiedade da comunidade autónoma. Obtido este amparo legal, e unha vez emitido o ditame por parte da Comisión de Dereito Civil, Medio Rural está ultimando o deseño da que será a Lei de Recuperación e Posta en Valor da Terra Agraria de Galicia, que converterá esta autonomía na primeira que xestionará as parcelas de propietarios descoñecidos» (Mario Beramendi. La Voz, 8/7/2019).
- https://bit.ly/2QWnTuz
2.4. «Hai que pór a funcionar o Banco de Terras en serio». Sabes que significa este título?
- https://bit.ly/34tbPoi
- https://bit.ly/33tMyZY
- Banco de Terras de Galicia: https://bit.ly/2OqzEaZ
- https://bit.ly/33wWvGg