galego

La Voz

ESCUELA

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da última campaña de fomento do galego entre a comunidade universitaria.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, na presentación da última campaña de fomento do galego entre a comunidade universitaria. Cedida

14 oct 2025 . Actualizado a las 23:34 h.

Hoxe remata o prazo para que os cidadáns acheguen as súas ideas para a reforma do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Ata agora, unhas 130 persoas fixeron máis de 300 ideas propostas. Segundo o presidente da comisión técnica, Manuel González, máis do 80 % estaban xa previstas nas comisións, «algo importante porque quere dicir que son os temas que lle preocupan á cidadanía».

A maioría das achegas, case a metade, pertencen ao ámbito da educación, e hai dúas moi coincidentes: que o galego poida estar en todas as materias e incrementar o número de horas impartidas nesta lingua. No outro extremo, no ámbito da sanidade case non houbo propostas. O sector dos dereitos lingüísticos, a Administración, a familia, o lecer, a comunicación e as industrias culturais foron outros ámbitos aos que chegaron ideas.

Está previsto que este ano quede redactado o documento para que no 2026 poida chegar ao Parlamento. E González subliñou que, quen queira engadir algo, aínda poderá seguir facéndoo.