Unha charla sobre a IA, as redes sociais e a desinformación para celebrar o Día das Bibliotecas
ESCUELA
A presentación, impartida por un xornalista de La Voz, tivo lugar na biblioteca do IES Urbano Lugrís de Malpica
24 oct 2025 . Actualizado a las 19:59 h.Este venres foi o Día das Bibliotecas. Para conmemorar a data, La Voz e Bibliotecas Escolares de Galicia organizaron unha charla sobre o tema da xornada deste ano, a desinformación. Tivo lugar no IES Urbano Lugrís de Malpica. E foi emitido en directo a través de www.lavozdegalicia.es e da canle de YouTube do xornal.
A charla, dirixida aos estudantes de secundaria, pero aberta a toda a poboación, abordou a relación entre a desinformación, as redes e os chatbots, de como as mentiras adoptan novas formas.
Nela falouse do impacto da intelixencia artificial na xeración e distribución de noticias falsas, pola súa capacidade de crear nun intre imaxes e vídeos falsos que parecen reais con descricións de texto. E tamén do uso cada vez máis común de chatbots para procurar información. Sempre respostan, pero erran moito e non asumen a responsabilidade.