Neste sector, hai coleccionistas que mercan obras con moito valor porque crese que unha peza valiosa da certo prestixio
29 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Por que cres que un cadro, unha escultura ou unha xoia dun aristócrata do pasado pode custar millóns? No mundo da arte, unha obra non só se mide polo bonita que é, senón tamén pola súa historia, a súa rareza e quen a creou. Por exemplo, un cadro de Leonardo da Vinci non vale só pola pintura en si: o seu valor provén de que foi creado por un artista famoso hai máis de 500 anos, que deixou unha pegada na historia da arte. Ademais, moitas obras son únicas: só existe unha que é orixinal, e iso fai que sexan moito máis desexadas que unha copia. Canto máis raro é algo, máis alto pode ser o seu prezo.
Hai un inmenso mundo comercial no sector da arte. Os coleccionistas son persoas que compran arte, antigüidades ou xoias, ás veces non para mostralas, senón simplemente para posuílas. Para eles, ter algo único é un logro persoal: ninguén máis no mundo pode dicir que ten esa obra exacta. Algúns buscan pracer estético, gozando das obras e aprendendo sobre a súa historia; outros buscan estatus social, porque posuír pezas valiosas dálles prestixio fronte a outros; e algúns o fan como investimento, xa que co tempo estas obras poden aumentar o seu prezo. Pero esta procura do único pode ser extrema: hai quen mantén as pezas ocultas só para si mesmos.
A obsesión polo único ten un compoñente emocional: posuír algo que ninguén máis ten xera unha sensación de exclusividade e poder, algo parecido a ter a carta máis rara dun xogo de colección. Con todo, esta mesma obsesión pode explicar por que ocorren roubos en museos, como o do Louvre, porque algunhas pezas son insubstituíbles e, por iso, extremadamente desexadas.
Sen embargo, a arte non é só para coleccionistas. O seu verdadeiro valor está no que nos ensina e no que nos fai sentir. Axúdanos a entender a historia, a coñecer outras culturas e a inspirarnos. Cando unha obra desaparece ou se rouba, non só pérdese diñeiro: pérdese unha parte da nosa historia colectiva. Aprender a valorar a arte significa aprecialo, coidalo e desfrutar dela, xa sexa nun museo, nun libro ou nunha visita virtual.
O arte é un activo económico que sempre se revaloriza
Sabías que a arte é un moi bo activo de investimento e que non está ao alcance, sequera, de todas as fortunas? Os prezos dalgunhas obras, como poden ser as de Picasso, son tan altos que, na práctica, só as persoas con moito diñeiro poden compralas coa intención de que o seu valor aumente co tempo. Por exemplo, no 2017, o cadro Salvator Mundi, de Leonardo da Vinci, vendeuse por 450 millóns de dólares nunha poxa en Nova York. Foi a obra máis cara xamais vendida.
O investimento en arte funciona de maneira similar a outros negocios: os coleccionistas adquiren pezas que cren que se revalorizarán, é dicir, que cos anos valerán máis do que pagaron por elas. Isto depende de varios factores: a fama do artista, a rareza da obra, a súa importancia histórica e, ás veces, incluso a moda ou as tendencias do mercado da arte. Dado que estas compras non son sinxelas, os investidores adoitan traballar con xestores especializados en arte. Estes profesionais asesoran sobre que obras comprar, cando vendelas e como coidar e asegurar as pezas. Tamén coñecen o mercado, as casas de poxas e as canles de venda, o que axuda a que o investimento sexa máis segura. Os xestores poden suxerir obras que non só teñan valor artístico, senón que tamén teñan potencial económico, axudando a que a compra sexa unha estratexia financeira e non só un capricho.
Actividade media
O cadro que mercarías
Imaxina que tes moito moito diñeiro. Investiga que obras hai nos museos españois (da igual que sexa de Galicia ou de Madrid) e fai unha breve presentación en clase de cal mercarías. Conta a súa historia e por que che gusta.
Entender: o arte debe limitarse aos museos ou pode mercarse?
- A arte está nos museos, nos libros, nas películas e na historia de todos. Pero, que pasa cando unha obra deixa de ser visible para o público e pasa a mans de coleccionistas privados? Aí xorde un debate: a arte como patrimonio de todos fronte á arte como obxecto privado.
- Cando alguén colecciona arte para desfrutalo, a súa intención adoita ser compartilo con outros. Por exemplo, unha colección privada que se abre ao público en ocasións especiais. Nestes casos, as obras seguen cumprindo a súa función: ensinarnos, inspirarnos e conectarnos coa historia e a creatividade doutras persoas.
Profundar: o descoñecemento alimenta as críticas á arte abstracta e á súa forma de entender as obras
- A arte non sempre é fácil de entender, e iso pode provocar reaccións moi distintas. Sucede coa arte abstracta, que non tenta representar cousas que recoñezamos ao instante, como paisaxes, senón que emprega cores e formas para transmitir emocións, ideas ou sensacións. Isto fai que moitas persoas respondan con burla e comentarios como «isto pódeo facer un neno».
- Por que credes que ridiculizamos o que non entendemos? Reflexiona un momento: que sentirías se vises un cadro cheo de cores sen forma definida? É posible que che aburra, ou quizá che inspiraría a imaxinar historias novas. Por exemplo, esta mesma confusión é a que sentiron moitas persoas ao ver os cadros de Jackson Pollock, un artista que foi famoso polos seus lenzos cheos de salpicaduras de pintura. Cando os presentou por primeira vez, moitos críticos e visitantes riron, porque non podían relacionalo con nada que coñecesen. Con todo, hoxe as súas obras considéranse icónicas da arte moderno.
- Este exemplo amosa que, aínda que ás veces se ridiculiza, e que moitas obras foron criticadas, logo vólvense famosas e valiosas.
- Para achegarse á arte abstracta, non hai fórmulas secretas. Axuda ler sobre o artista e o contexto histórico, porque entender que quería expresar pode cambiar completamente como percibimos unha obra. Antes de burlarche de algo que non comprendes, pregúntache: que me fai imaxinar?
- Agora ben, a cousa cambia cando a obra pasa a estar en mans dun individuo, na súa casa, sen que ninguén poida gozar dela. Ese cadro deixa de ser patrimonio compartido e convértese nun luxo que só uns poucos poden gozar. Deberían estar obrigados a ceder as obras a exposicións públicas?