Docentes galegos cóntanche como será a PAU nos tiktoks de La Voz Explica

ESCUELA

De izquierda a derecha y de arriba a abajo: José Manuel Dopazo, profe de Lengua; Susana Vallejo, de Física y Química; Álvaro Rodríguez, de Historia; Xosé Manuel Domínguez (en grande), de Filosofía; Manuela Ures, de Matemáticas; Francisco Canoura, de Arte; y Marisa Castiñeira, de Bioloxía
De izquierda a derecha y de arriba a abajo: José Manuel Dopazo, profe de Lengua; Susana Vallejo, de Física y Química; Álvaro Rodríguez, de Historia; Xosé Manuel Domínguez (en grande), de Filosofía; Manuela Ures, de Matemáticas; Francisco Canoura, de Arte; y Marisa Castiñeira, de Bioloxía

Seis profesores debullan cada semana os exames de Matemáticas, Química, Historia, Filosofía, Arte e Lengua

11 nov 2025 . Actualizado a las 09:15 h.

Calquera que estudase 2.º de bacharelato sabe que anticiparse e preparar ben a PAU dende o principio do curso é fundamental para garantir o éxito. Non cabe dúbida e, por iso, en La Voz de la Escuela ofrecémosche un ano máis os consellos de seis profesores con moita experiencia na preparación da selectividade. Poderás seguilos a todos eles neste suplemento e nos vídeos que se publican no Tiktok @LVExplica.

Sexa cal sexa a materia que che preocupe, non podes deixar de seguir aos nosos profesores colaboradores. Xosé Manuel Domínguez, profesor no IES Salvaterra de Miño, darache trucos para preparar os exercicios e distribuír o estudo en Historia da Filosofía. «O comentario de texto ten que ter catro partes ben diferenciadas», explicou no seu último vídeo.

@lvexplica

🤔Como vai ser o exame de Historia na PAU do 2026? â–ªï¸Comezamos a ronda cos nosos colaboradores coa explicación de Ãlvaro Rodríguez, profesor de Historia no IES A Paralaia de Moaña. #lavozexplica #pau2026 #selectividad #historiapau #2bachillerato

♬ sonido original - La Voz Explica - La Voz Explica

Todo o que precisas

En La Voz Explica hai moito máis. Se acabas optando por Historia de España, Álvaro Díaz é o mellor indicado para guiarte polas catro preguntas que terá a proba desta materia na selectividade. El é profesor no IES A Paralaia de Moaña e controla á perfección todo o que precisas saber para non desesperarte ao preparar o exame. No seu primeiro vídeo xa avanzou como serán os exercicios, que irá debullando nas seguintes entregas.

@lvexplica

¿Quieres un truco para saber cómo memorizar fácilmente los apuntes? 👨ðŸ»â€ðŸ«Este es José Manuel Dopazo, profesor de Literatura en el IES Maruxa Mallo de Ordes (A Coruña) y te explicará lo que necesitas saber para superar el examen de Lengua en la PAU del 2026. #selectividad #pau2026 #2bachillerato #técnicasdeestudio

♬ sonido original - La Voz Explica

O que che preocupa é a materia de Lingua Castelá? José Manuel Dopazo, catedrático no IES Maruxa Mallo (Ordes), protagonizará este curso varios contidos que serán útiles para mergullarse na preparación das cuestións relacionadas coa materia que imparte. Pero non só iso. Á pregunta «¿Cómo se memorizan apuntes fácil y rápido?» respondeu o xoves pasado.

@lvexplica

Chegamos á última semana do mes con máis presentacións. É o turno das Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais. #lavozexplica #2bachillerato #pau2026 #selectividad #matemáticas

♬ sonido original - La Voz Explica - La Voz Explica

En La Voz Explica tamén hai lugar para as ciencias. Se es alumno de Matemáticas ou Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais, a profesora do IES Eduardo Pondal de Ponteceso Manuela Ures contará nos próximos meses os seus consellos para resolver os problemas que caerán nas probas de acceso á universidade. E o mesmo fará Susana Vallejo, profesora no IES A Pinguela de Monforte, coa materia de Química. Tampouco te podes perder os contidos de Francisco Canoura, do IES Salvador de Madariaga da Coruña, que resumirá as obras que caerán no exame de Historia da Arte.

E haberá máis! Estáte atento, porque nas próximas semanas haberá novidades.