Narón entrega os premios ás tapas de entroido, con Fame Kanalla como gañadora

La Voz NARÓN / LA VOZ

FERROL

Entrega de premios do Concurso de Tapas de Entroido de Narón
Entrega de premios do Concurso de Tapas de Entroido de Narón Cedida

Participaron catorce establecementos hostaleiros

24 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Catorce negocios hostaleiros participaron no Concurso de Tapas de Entroido, organizado polo Concello de Narón. E este venres entregáronse os premios da novena edición, que foron a parar ao restaurante Fame Kanalla. Levouse os galardóns tanto do xurado profesional como da clientela, dotados con 500 e 300 euros respectivamente. A tapa recoñecida foi a súa Sempre me comes a orella.

O acto estivo presidido pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e a edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro. Esa proposta de Fame Kanalla consistía «nunha tosta de arroz uruchimai con pesto de grelos e os elementos do cocido rematado cunha orella doce».

Os outros establecementos participantes eran O Tapeo, A Toxiña, Con Arte, Nueva Orleáns, Australian, Casa Sindo, El Olivo, Confeitura, Silver, Tauro, hotel A Roldana, El Colonial e Mamá Flora, que ofreceron no entroido tapas a dous euros.