Cadea humana en As Pontes para movilizarse «contra a farsa da transición xusta»

Patricia Hermida Torrente
P. Hermida AS PONTES / LA VOZ

FERROL

A cadea humana rodeou o Concello de As Pontes
A cadea humana rodeou o Concello de As Pontes Cedida

A protesta foi convocada este xoves pola CIG

10 jul 2025 . Actualizado a las 21:15 h.

Cunha cadea humana en torno ao edificio do Concello de As Pontes, veciños da comarca protestaron este xoves «contra a farsa da transición xusta». A protesta foi convocada pola CIG para «denunciar o proceso de dura reconversión que sofre a localidade sen que a día de hoxe existan alternativas reais para a reindustrialización e a creación de emprego».

Protesta ante o Concello de As Pontes
Protesta ante o Concello de As Pontes

Segundo este sindicato, «As Pontes é a zona cero da destrución industrial de Galicia; dous anos despois de autorizarse o peche da central térmica non existe nin un só proxecto industrial en marcha a pesar das múltiples promesas e anuncios realizados polo Goberno central, a Xunta e o propio goberno local... chegando ao descaro de publicar datas concretas de inicio de obras».

Os convocantes desta protesta insisten en que «a realidade é unha constante destrución de emprego industrial e unha crise socioeconómica marcada pola perda de poboación, a caída da xente moza e da afiliación á Seguridade Social».