
Fruto dunha acción da subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía
06 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A gaiteira, María López, estivo onte no corredor principal do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, no marco do programa Música en Vena. A subdirección de Humanización, Calidade e Atención á Cidadanía xestionou novamente a iniciativa desta entidade sen ánimo de lucro, que ten como lema A Música Cura, e que de forma voluntaria ofrece os concertos.
O seu obxectivo é, segundo indican, «transformar en alivio o sufrimento das persoas nos hospitais a través da música en directo». É unha oportunidade para que «a música se incorpore como parte do seu coidado e atención», según afirman dende a subdiección. Este é o terceiro concerto que se produce en diversos ámbitos hospitalarios.
Na primeira das ocasións, os músicos acudían á Unidade de Diálise e ó Hospital de Dia Oncolóxico do Complexo. Na segunda das visitas, a música amenizou a estadía dos e das pacientes da Hospitalización de Psiquiatría. Nesta ocasión, a música fíxose extensiva a todo aquel que acudía ó Hospital Arquitecto Marcide.
O programa Música en Vena é un proxecto solidario que achega ós hospitais diversos músicos da escena concertística local, nacional e internacional. Nesta ocasión foi María López. Unha creadora que iniciou a súa formación musical ós sete anos coa zanfona, e pouco despois incorporou la gaita galega e o piano. Recibiu clases de destacados mestres o que lle ten permitido desenvolver unha sólida base técnica e artística nestes instrumentos. No 2019 acadou o trofeo MacCrimmon no Festival Interceltique de Lorient.