
Será este martes nunha conferencia con Miguel Anxo Fernán Vello
16 sep 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Aínda no pasado mes de xuño, confirmábase que os restos do artista Francisco Miguel enterraranse en San Amaro tras 86 anos nunha fosa común. Sobre a súa fascinante figura, o Ateneo Ferrolán adicará este martes unha conferencia co lema Francisco Miguel, vida, arte e crime. Correrá a cargo do escritor e editor Miguel Anxo Fernán Vello, a partir das 19.00 horas.
A cita está dentro dos actos organizados na honra do pintor coruñés pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e a Deputación da Coruña, coa colaboración de Fuco Buxán.
O pintor foi paseado en 1936 tras unha denuncia falsa. Tiña 39 anos e foi asasinado xunto a Juan Boedo Pardo de 28, Andrés Pinilla Fraga de 52, e Pedro Pinilla Calvete de 21.