
Haberá mercado, obradoiros, artesáns traballando en vivo, xantar, xogos e música, ao pé do museo
23 jun 2025 . Actualizado a las 17:49 h.O Museo Etnográfico da Capela organiza a duodécima Feira EtnoEume para este domingo. A actividade xurdiu no 2012 para promocionar os produtos comarcais, «exaltar as tradicións e a cultura popular, e divulgar o museo». Este mercado de A Capela estará aberto de 12 a 14 e de 16.30 a 18.30 horas, con produtos da terra, antigüidades, artesanía moderna e artigos de segunda man, e con artesáns traballando en vivo (canteiría, cestería, fiandeiras, zoqueiro, ferreiría, zahoría e talla e torneado de madeira). Tamén haberá visitas ao museo, pola mañá e pola tarde.
As lavandeiras de Sillobre recrearán o oficio no lavadoiro e haberá un obradoiro na procura da auga co salgueiro (zahorí) e outro de cestería (con Beatriz Fraga e Luisa da Silva); desafío rural con lanzamento da boina e de pacas (13.30), animación musical con Vai Rañala Meu e xantar (coa pulpería de Camariñas, polbo, churrasco, empanadas e lambetadas).
De 16.30 a 19.00 desenrolaranse os xogos de sempre para crianzas (desde 1 ata 89 anos), con Xotramu, no adro da igresa; e pola tarde haberá obradoiros de cerámica (con Testuda Design) e de cestería (con Beatriz Fraga e Luisa da Silva), e outro co zahorí. A música correrá a cargo de Os Netos do Escribano e celebraranse máis desafíos rurais, con tiro do carro, carretilla en parellas e lanzamento de sacho (19.00). A feira rematará ás oito da tarde con sorteos.