Unha sardiña en lata, a imaxe do cartel da 47.ª Mostra de Teatro Galego de Cariño

LA VOZ CARIÑO

CARIÑO

Presentación del cartel, obra de Borja Guerrero (derecha), ayer en Cariño
Presentación del cartel, obra de Borja Guerrero (derecha), ayer en Cariño CEDIDA

O deseño do artista Borja Guerreiro presentouse este venres

21 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha imaxe moi representativa da historia de Cariño, unha sardiña en lata, dá vida ao cartel da edición 47 da Mostra de Teatro Galego. É obra do artista Borja Guerreiro «e transmite moi ben o que é Cariño», subliñou Laura García, concelleira de Cultura, na presentación.

Tamén estaban o autor do cartel, a alcaldesa, Ana María López; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e a deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios, Cristina García. A mostra, das máis veteranas de Galicia, celebrarase do 3 ao 9 de agosto.

Non desvelaron o programa, pero si adiantaron unha das novidades deste ano, a representación da obra Ás 12, creada polo grupo de teatro de actividades extraescolares do Concello, xusto antes do inicio oficial da Mostra. Pepablo Patiño, recoñecido actor e membro da compañía Ghazafelhos, dirixe a montaxe desta peza, cun grupo que debutará este ano.

Sutil agradeceu ao Concello que «manteña unha proposta cultural cunha calidade indiscutible» e a rexedora subliñou «a calidade da programación, para todos os públicos».