
Os premios entregaranse na edición do verán de 2026
20 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A compañía Píscore, que representou a obra «Molto Barroco», foi a máis votada polo público infantil da Mostra de Teatro Galego de Cariño, con 684 puntos.
O Premio Público Adulto foi para o grupo Chévere, pola escenificación da obra «As Fillas Bravas de Momán 2025», que acadou 520 puntos.
Como xa vén sendo habitual, os dous galardóns serán entregados durante a próxima edición deste encontro, que terá lugar no verán de 2026.